Juan Carlos Tous, director xeral de Cameo, analizou o funcionamento do mercado videográfico nos diferentes países.
Juan Carlos Tous, director xeral da distribuidora Cameo, tratou a explotación videográfica dos títulos e a súa comercialización nas diferentes televisións.
O director xeral de Cameo expuxo as claves da distribución de contidos, a través de formas innovadoras como a comercialización dos títulos en novos territorios e a explotación de todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
Tous leva 15 anos dedicado ao mercado videográfico español. Desde 1993 ata 2003 traballou en Manga Films e en xullo de ese mesmo ano creou a distribuidora Cameo Media. Esta empresa foi fundada por algunhas produtoras e distribuidoras españolas, Alta Films, Wanda Visión, Tornasol Films e Continental Producciones. En marzo de 2004, Golem Distribución incorporouse tamén como socio e en 2005 fíxoo El Deseo (a compañía de Pedro e Agustín Almodóvar).
Cameo Media é unha compañía de xestión de contidos para a comercialización e difusión de obras cinematográficas independentes, documentais, obras de teatro e musicais. O seu catálogo está composto por títulos de diversos xéneros artísticos: cine independente (Good bye Lenin, Las invasiones bárbaras, Los chicos del coro, Contra la pared), documentais (Fahrenheit 9/11, Super Size me, Startup.com), musicais (Caballé, más allá de la música, Gran Casal me como el mundo), series de televisión (Fawlty Towers, The young ones).
A última aposta de Cameo foi a película de Javier Fesser, Camino, situada nos primeiros postos de ventas de DVD desde o seu lanzamento o pasado 8 de abril e gañadora de seis premios Goya, incluíndo o de Mellor Película –é o cuarto ano consecutivo que un título de Cameo se fai con este premio–, Mellor Dirección e Mellor Guión orixinal.
CURSO DE POSGRADO EN COMERCIALIZACIÓN INTERNACIONAL DE CONTENIDOS AUDIOVISUALES - CICA
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Polígono de Sabón, Avda. de la Prensa 84-85, 15142, Arteixo. A Coruña.
Datos de contacto: mpxa@udc.es - Marta Regueira Lavandeira Tlf. (+34) 981 180 090 - Fax: 981 180 348
© Copyright 2008 - Escuela de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia - Todos los derechos reservados