logotipo cica
Castellano English
Chámanos Solicitar información Buscador Axudas Asistencia a mercado internacional Escuela de medios Universidad Coruña Consorcio Xunta de Galicia

Actualidade | Novas


  • XUN
    13
    2009
    • MATERIAIS E SEGUIMENTOS POSTVENTA

    • Julieta Videla, encargada da postventa de películas no Grupo Vértice 360º, tratou a venta e o seguimento de materiais cinematográficos.

 
    • Julieta Videla, encargada do departamento de post-venta do Grupo Vértice 360º (Manga-Films e Notro Films), faloulle aos alumnos dos distintos materiais e o seguimento postventa das películas, ademais das técnicas de posprodución como o subtitulado e as dobraxes.

      Videla traballou durante seis anos como encargada de compras internacionais en Fujifilm-Ultra Vision S.R.L. –distribuidor de Fujifilm en Arxentina, Perú, Ecuador, Colombia e Uruguay–. Desde hai dous anos leva a pos-venta de ventas internacionais e é responsable do departamento de tráfico de materiais e servizos tanto en Manga Films como en Notro Films-Barcelona.


      Manga Films é unha distribuidora española independente nacida en 1993. Nun primeiro momento apostou por introducir a animación xaponesa no noso mercado con Dragon Ball como éxito máis emblemático. Na actualidade conta cunha facturación superior a 46 millóns de euros e posúe un catálogo con máis de 3.200 títulos –películas como Traffic e Gangs of New York, e series como Teletubbies e Dragon Ball–.


      Entre os últimos traballos desta compañía está a distribución da versión en alta definición do documental Tiburón, en las garras del hombre, editada por Notro Films (empresa distribuidora e produtora de cine, vídeo e televisión).

       

 
 

CURSO DE POSGRADO EN COMERCIALIZACIÓN INTERNACIONAL DE CONTENIDOS AUDIOVISUALES - CICA

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Polígono de Sabón, Avda. de la Prensa 84-85, 15142, Arteixo. A Coruña.
Datos de contacto: mpxa@udc.es - Marta Regueira Lavandeira Tlf. (+34) 981 180 090 - Fax: 981 180 348
© Copyright 2008 - Escuela de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia - Todos los derechos reservados


Validador W3C XHTML Validador W3C CSS Realizado por 00 ESTUDIO AUDIOVISUAL