Elena Couto, directora de desenvolvemento de Filmanova, abordou as claves da coprodución internacional.
Elena Couto, directora de desenvolvemento de Filmanova, falou das vantaxes e inconvenientes da coprodución internacional e dos acordos entre os diferentes países para coproducir. O obxectivo desta xornada foi introducir aos alumnos no que será o último módulo do presente curso.
Couto, despois de formarse nas aulas do Máster en Produción e Xestión Audiovisual durante o curso 2001/02, comezou a súa traxectoria profesional no equipo de produción de Lorelei Films e da produtora de Ignacio Benedetti, IB Cinema, onde traballou na TV-movie Sara, dirixida por Silvia Quer. En novembro de 2002 comezou no Grupo Filmanova, ocupando o posto de coordinadora do departamento de desenvolvemento, onde levou a cabo, entre outros proxectos, a coprodución con Alemaña da película Galatasaray-Depor. Na actualidade é xefa deste mesmo departamento, onde se fixo cargo de películas como Hotel Tívoli, dirixida por Antón Reixa e coproducida con catro países, e Camarón, produción de ficción de Jaime Chávarri.
Filmanova é un grupo empresarial de produción audiovisual fundado por Antón Reixa, Beatriz del Monte, Xosé Morais e Cani Martínez. Na actualidade está formado por tres compañías: Filmanova S.L. (sociedade de xestión e de produción, creación de contidos e servizos de cine e TV), Filmanova Show S.L. (produtora especializada en TV musical, publicidade e formatos de TV e press junkets) e Filmanova Invest S.A. (sociedade de financiamento de cine).
A compañía conta actualmente con oficinas en A Coruña e Madrid. Entre os seus traballos máis recentes se atopa Checkpoint Rock, documental de Fermín Muguruza e o filme de ficción Una Palabra Tuya, dirixido por Ángeles González Sinde.
CURSO DE POSGRADO EN COMERCIALIZACIÓN INTERNACIONAL DE CONTENIDOS AUDIOVISUALES - CICA
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Polígono de Sabón, Avda. de la Prensa 84-85, 15142, Arteixo. A Coruña.
Datos de contacto: mpxa@udc.es - Marta Regueira Lavandeira Tlf. (+34) 981 180 090 - Fax: 981 180 348
© Copyright 2008 - Escuela de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia - Todos los derechos reservados